xoves, 3 de decembro de 2015

Tema 2 Actividade 7



ACTIVIDADE7.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.

Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

 1-Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura  dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro. 

 2-Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).

 3-Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.


1- Un disco duro é un dispositivo magnético empregado para almacenar grandes cantidades de información. consiste en varios pratos apilados no mesmo eixe de rotación en alta velocidade dentro dunha caixa de metálica sellada .Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura e escritura que len e escriben en ambos os dous lados de cada disco.







2-A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos.

Os tipos de memorias flash mais empregados son:

-Memorias USB: pequenos dispositivos con un chip de memoria flash .Conéctanse ao computador a través dun porto USB .Xeralmente non é necesario instalar ningún driver. xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente.


-Tarxetas de memoria
:Son soportes de almacenamento utilizados normalmente en cámaras dixitais e móbiles,polo que se adoitan conectar ao computador a través dun lector de cartóns de memoria para transferir a súa información.Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante,algúns dos mais comúns son:SD,miniSD,microSD,NanoSD,Compact flash,Memory stick,xD,MMC,etc



3- Unha unidade de estado sólido é un dipositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade.Ten o mesmo uso que os discos duros , pero non esta formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información.Ao non ter pezas móbiles , a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de búsqueda e de latencia,polo que se converteu nunha alternativa moito mais rapida que os discos duros.

unidade de estado sólido

Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehiculos,ordenadores portatiles e outros dispositivos móbiles.












Ningún comentario:

Publicar un comentario