xoves, 10 de decembro de 2015

Tema 2 actividade 9



ACTIVIDADE9.PDF



Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.



Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

(0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.

(0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede.

(0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede.

(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.




1-Os Módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital.

-Módem ADSL:Emprega  o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade.

-Módem USB :Utiliza a banda ancha de móvil para obter internet en calquera lugar e momento,sempre que se dispoña de cobertura.


-Cable módem: deseñado para modelar o sinal de datos sobre unha infraestrucura de conexión por cable



2-Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación mais adecuada para o envio de datos.A mayoria de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxia adecuada para a conexión a internet.




3-A tecnoloxía PLC utiliza a linea eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem,aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a transmisión de datos.




Dispositivo PLC




4-O cable é un dos medios de conexión utilizados nas redes para transmitir datos.Existen diferentes tipos de cable:


-Cableado de par trenzado: esta constituído por catro pares de fíos. cada par esta entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se axuste o sinal entre os pares.
Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión.O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.


-Cable de fibra óptica:É unha fibra moi fina de material transparente,vidro ou material plástico, pola que se envia un feixe de luz..Estes cabes constan de un grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes á tracción,ademais de estar protexidos por varios revestimentos.





cable ST



conector RJ45




Cable de par trenzado



fibra óptica












xoves, 3 de decembro de 2015

Tema 2 Actividade 7



ACTIVIDADE7.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.

Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

 1-Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura  dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro. 

 2-Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).

 3-Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.


1- Un disco duro é un dispositivo magnético empregado para almacenar grandes cantidades de información. consiste en varios pratos apilados no mesmo eixe de rotación en alta velocidade dentro dunha caixa de metálica sellada .Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura e escritura que len e escriben en ambos os dous lados de cada disco.







2-A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos.

Os tipos de memorias flash mais empregados son:

-Memorias USB: pequenos dispositivos con un chip de memoria flash .Conéctanse ao computador a través dun porto USB .Xeralmente non é necesario instalar ningún driver. xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente.


-Tarxetas de memoria
:Son soportes de almacenamento utilizados normalmente en cámaras dixitais e móbiles,polo que se adoitan conectar ao computador a través dun lector de cartóns de memoria para transferir a súa información.Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante,algúns dos mais comúns son:SD,miniSD,microSD,NanoSD,Compact flash,Memory stick,xD,MMC,etc



3- Unha unidade de estado sólido é un dipositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade.Ten o mesmo uso que os discos duros , pero non esta formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información.Ao non ter pezas móbiles , a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de búsqueda e de latencia,polo que se converteu nunha alternativa moito mais rapida que os discos duros.

unidade de estado sólido

Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehiculos,ordenadores portatiles e outros dispositivos móbiles.